Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión e innovación tecnolóxica
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos sobre os aspectos internos, funcións e procesos das organizacións incluíndo a súa natureza, estrutura, goberno, operativa e dirección
A5 Posuír e comprender coñecementos sobre a relación entre a empresa e o seu entorno avaliando a súa repercusión na estratexia, comportamento, xestión e sustentabilidade empresarial
A6 Posuír e comprender coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial
A7 Posuír e comprender coñecementos sobre as principais técnicas instrumentais aplicadas ao ámbito empresarial
A8 Aplicar os coñecementos adquiridos a futuras situacións profesionais e desenvolver competencias relacionadas coa elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo
A9 Identificar a xeneralidade dos problemas económicos que se suscitan nas empresas, e saber utilizar os principais instrumentos existentes para a súa resolución
A15 Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
A16 Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Pensamento crítico e autocrítico
B4 Poder transmitir ideas, información, problemas e situacións ao público tanto especializado como non especializado
B5 Habilidades de comunicación oral e escrita
B8 Comunicarse con fluidez no seu entorno, incluíndo competencias interpersoais de escoita activa, negociación, persuasión e presentación
B9 Capacidade de actuación eficaz dentro dun equipo de traballo
B10 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
B12 Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B13 Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo
B14 Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado
B15 Xestión persoal efectiva en termos de tempo, planificación e comportamento, motivación e iniciativa tanto individual como empresarial
B17 Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos
B18 Compromiso ético no traballo
B19 Motivación pola calidade e mellora continua
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000