Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Entregas dos casos estudados e resoltos nas sesións dos grupos medianos. 40 CG1
CG2
CG5
CG8
CG9
CG14
CE5
CE12
CE13
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test dos contidos desenvolvidos mediante Flipped Learning nas sesións teóricas. 45 CG1
CG2
CG10
CG13
CE1
CE3
CE5
CE11
CT1
CT5
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e os seus compañeiros dos resultados do traballo tutelado. 15 CG1
CG2
CG5
CG8
CG9
CG10
CG11
CG13
CG14
CE11
CE12
CE13
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia.

Poderá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polos alumnos nas sesións presenciais.

Considerarase que todo alumno que realice polo menos unha das probas programadas optou pola avaliación continua, non podendo renunciar á mesma.

O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións:

- Realizar un exame con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

- Conservar a nota obtida na Presentación (15%) e no Estudo de casos (40%), sempre que sexan superiores a 3.5 (sobre 10), e realizar únicamente o Exame de preguntas obxectivas (45%). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia.

Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, e a puntuación total é igual ou superior a 4.5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.5 (sobre 10).

A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2021-2022. En caso de disparidade ou conflito entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

As diferenzas no método de avaliación
que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe
propostos e competencias á diferente organización de clases
docentes empregada por ambos os centros.

IMPORTANTE: é obrigación dos alumnos coñecer e seguir as instruccións relativas as distintas probas de avaliación, tanto as
contidas na Guía docente ou calqueira outro documento de organización da materia que o profesor poña a súa disposición,
como as que se lle fagan chegar puntualmente a través das canles habituais (correo electrónico e/ou Moovi).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000