Educational guide 2025_26
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Casos de estudo 10 B1
B5
B9
C14
Presentación Presentacións en clase 20 B1
B5
B9
C14
Traballo tutelado En grupos medianos 10 B1
B5
B13
C14
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse durante o curso 2 exames de elección múltiple, valendo cada un deles o 30% da nota. 60 B1
B5
B13
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia mediante avaliación continua é necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na parte práctica da materia e unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na parte teórica da materia.

Como alternativa ao sistema de avaliación continua, os estudantes poderán optar por ser avaliados mediante un exame final que suporá o 100% da nota, composto tamén por unha banda teórica e unha parte práctica. Deberase obter polo menos 5 sobre 10 puntos en cada unha das partes. Neste caso, deberán solicitar á profesora da materia vía correo electrónico (naraujo@uvigo.es) ser avaliados por esta vía e renunciar á avaliación continua durante os 30 primeiros días hábiles desde a data de inicio do curso. A profesora enviará acuse de recibo do correo electrónico e aceptación do cambio de sistema de avaliación. Se non recibe un correo electrónico da profesora, a solicitude non será válida.
A puntuación obtida pola participación, así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas pola profesora (casos, exercicios, supostos, parte teórica da materia), gárdanse para a segunda convocatoria (convocatoria extraordinaria, en xuño-xullo, segundo data do calendario oficial da facultade) do presente curso académico en caso de ser igual ou superior a 5, pero non se garda para cursos posteriores.
En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse á convocatoria extraordinaria (ou segunda convocatoria, en xuño-xullo). Os alumnos que renunciaron á avaliación continua realizarán un exame con dous partes, teoría e práctica. Cada unha delas valerá o 50% da nota e será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte para superar a materia. 
O alumnado que siga avaliación continua durante o curso, deberá recuperar na convocatoria extraordinaria a/s  parte/s non superada/s (teoría e/ou práctica).As datas e programas das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o presente curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000