Primeira convocatoria (xaneiro)
Alternativa a)
Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Para superar a avaliación continua
é obrigatorio obter como mínimo un 5 sobre 10 nas actividades avaliativas B, C,
D e E.
Para os estudantes
que sigan a avaliación continua e non teñan superado UNHA das actividades C ou D poderá
recuperar a actividade suspendida na data oficial de xaneiro establecida
para o exame global de avaliación da materia.
Enténdese que
os estudantes que teñen algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto
de avaliación seguen a avaliación continua.
En caso de que a cualificación da avaliación continua sexa igual o
superior a 5, pero algunha das actividades B, C, D ou E estea suspensa, a cualificación
final máxima poderá ser de ata 4.9 (SUSPENSO).
Alternativa
b) So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame
global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota
final.
Segunda convocatoria (xullo):
Alternativa
a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do
exame será o 100% da nota.
Alternativa
b) Só para estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan
superado UNHA das actividades avaliativas B, C, D, E, poderá recuperar a
actividade suspendida na data oficial de xullo establecida para a proba de
avaliación da materia.
Esta Guía
docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na
materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir
reaxustes ó longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e/ou do
grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen
xurdir. Achegaráselle ó alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias
en cada momento do proceso formativo.
Observación: Calquera evidencia de
traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación
de suspenso nas dúas convocatorias.
As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola
Xunta de Centro para o curso 2017-2018. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.