AVALIACIÓN CONTINUA O conxunto de probas especificado arriba constitúe o sistema de avaliación continua. Para superar a avaliación continua será obrigatorio a realización dos traballos e de todas as probas citadas anteriormente; a non realización dunha proba contabilizarase con cero puntos. Para que as probas de avaliación, sexan tidas en conta na nota final da materia, o alumno debe obter en cada proba ou conxunto de probas como mínimo o 50% do valor asignado a ditas probas. O resultado da avaliación expresaráse unha escala de 0 a 10 puntos. No caso de obter as puntuacións mínimas, a nota final da materia resultará da suma das
notas acadada nos exames e das notas dos traballos realizados nas
prácticas e actividades presenciais. No caso de non superar as puntuacións mínimas nalgunhas probas, a nota final da materia será a
resultante das notas das probas nas que sí se superou o mínimo. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na materia. Os estudantes que opten pola avaliación continua terán unha segunda
oportunidade de avaliación que consistirá nun examen práctico (estudo de casos e resolución de problemas) e outro
teórico (exame de preguntas obxectivas), que representarán o 100% da nota. Estos exámenes cubrirán todo o
material do curso. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. AVALIACIÓN GLOBAL Para aqueles alumnos que non podan realizar as tarefas asociadas á avaliación continua, o sistema de avaliación será unha proba global de toda a materia que consistirá nun exame de preguntas obxectivas, no estudo de casos e na resolución de problemas, e que valerá o 100% da nota. Haberá dúas oportunidades de avaliación marcadas no calendario de exámenes da facultade. Para optar a este modo de avaliación o estudante debe escribir un correo electrónico á coordinadora da materia, renunciando á avaliación continua e indicando o seu desexo de acollerse ao sistema de avaliación global. O prazo para que esta solicitude sexa tida en conta é desde o 11 setembro ata o 11 de outubro. OUTRAS OBSERVACIÓNS Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable. Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso en todas as convocatorias do curso académico. IMPORTANTE: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de CC. Empresariais e Turismo para o presente curso académico. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por
algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade (http://fcetou.uvigo.es/index.php/gl/exames). |