Flipped Learning |
Algunhas actividades de aprendizaxe realizaranse fora da aula previamente ás sesións presenciais. Logo, coa presenza do docente facilitaránse e potenciaránse outros procesos de adquisición e practica de coñecementos. |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso coa finalidade de interpretalo, resolvelo, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos de solución.
O estudante, de maneira individual ou en grupo, realizará tarefas de lectura e manexo de bibliografía, aplicación de métodos e ferramentas de solución de problemas,... relacionados coa estratexia de operacións.
A participación activa nestas tarefas é obrigatoria. |
Resolución de problemas |
Actividade obrigatoria na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |