Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avalación dos exercizos (comentario e análise de gráficos, series estatísticas, e/ou textos, resolución de cuestións e problemas, test), ou valoración da coherencia e calidade do traballo, esquema, síntese e mapa conceptual.

Valorarase asistencia, participación, cumprimento, aptitude, aspectos formais (redacción, sintase, ortografía, ...) e expresión oral.
10 B1
B2
B5
B13
C2
C4
C5
C6
C16
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Preguntas test e/ou de desenvolvemento breve sobre o temario incuido no Seminario I e as actividades realizadas nos traballos de aulas sobre esa parte do temario.

As respostas ás preguntas de desenvolvemento terán que estar estructuradas e razoadas correctamente.

Valorarase a redacción clara e comprensible.
30 B1
B2
B5
C2
C4
C5
C6
Exame de preguntas obxectivas Preguntas test e/ou de desenvolvemento breve sobre o temario incuido no Seminario II e as actividades realizadas nos traballos de aulas sobre esa parte do temario.

As respostas ás preguntas de desenvolvemento terán que estar estructuradas e razoadas correctamente.

Valorarase a redacción clara e comprensible.
30 B1
B2
B5
C2
C4
C5
C6
Exame de preguntas obxectivas Preguntas test e/ou de desenvolvemento breve sobre os temas 1,2 e 3 do programa e as actividades realizadas nos traballos de aulas sobre esa parte do temario.

As respostas ás preguntas de desenvolvemento terán que estar estructuradas e razoadas correctamente.

Valorarase a redacción clara e comprensible.
30 B1
B2
B5
C2
C4
C5
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN



Haberá dúas opcións de avaliación: Avaliación Continua ou
Avaliación Global.



O alumno poderá cambiar de avaliación continua a global nos
prazos establecidos polo centro. Os prazos para este curso no primeiro
cuadrimestre son:



Do 11 de setiembre ao 11 de outubro



A.- AVALIACIÓN CONTINUA.



Dentro da avaliación continua haberá 2 tipos de avaliación
:



A primeira baseada no traballo autónomo do alumno e os
traballos de aula, que denominamos Seminarios e representa o 10 % da
cualificación.



A segunda integrada por 3 probas obxectivas. Cada unha delas
representa o 30% da cualificación. Será necesario obter unha cualificación de 5
ou superior para superar cada unha das partes e unha cualificación de 4 puntos
para facer media.



A1) Seminarios (10%) 

Tanto a preparación dos
seminarios (tarefas de preparación) como a asistencia (grupos mediano), e a
superación das actividades expostas nos mesmos (traballos de aula e /o
cuestionarios), é condición necesaria, aínda que non suficiente, para seguir o
sistema de avaliación continua, e representa o 10% da cualificación final.

En resumen, valorarase a asistencia, participación, cumprimento,
aptitude, aspectos formais (redacción, sintaxe, ortografía, e expresión oral).

 A2) Probas obxetivas: Realizaranse 3 probas obxetivas (30% cada unha) sobre os
contidos de cada seminario e a parte do temario desenvolta nos grupos grandes. E dicir:

1.- Primeira Proba: Sobre os contidos do Seminario I



2.  Segunda proba: Sobre os contidos do Seminario II



3.-Terceira proba: Sobre os contidos desenvolvidos en grupos grandes (Temas 1,2, y
3)



As tres probas obxectivas estarán constituídas por preguntas
test e/o de desenvolvemento breve sobre o temario e as actividades realizadas
nos traballos de aula.

As respostas ás preguntas de desenvolvemento terán que estar
estruturadas e razoadas correctamente. Valorarase a redacción clara e
comprensible.



É obrigatorio aprobar cada etapa, é dicir obter unha
cualificación de 5 ou superior en cada exame, e unha cualificación de 4 puntos
para facer media.



Ao longo do curso poderanse establecer novos procedementos
para decidir a continuación no sistema de avaliación continua.

Exame final: Os alumnos que non superasen algunha das probas
anteriores, poderán recuperala no exame final. Requírese un 5 para superar cada
unha das partes. No
caso de que o alumno/a non obteña un cinco en cada parte a recuperar, a nota
final será suspenso. 

Esta proba realizarase na data e hora determinada polo
calendario académico para a avaliación global da materia,

 B.- AVALIACIÓN GLOBAL



Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o
estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que supoñerá ou 100% da
cualificación, no caso de telo explcitado nos plazos establecidos po lo centro.

 As datas e os horarios de próbalas avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da Facultade

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000