Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos craves dos contidos fundamentais da materia. As primeiras estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de economía; as restantes estarán destinadas a traballar temas monográficos. A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa dos estudantes.
Seminario Nos seminarios traballaranse temas monográficos e requirirán algún traballo previo de preparación por parte dos estudantes. O seminario é unha instancia para socializar, decantar e sintetizar os coñecementos adquirirvos na preparación do mesmo.
Engloban actividades heterogéneas, deseñadas de acordo a obxectivos e contidos diversos. Comprenden entre outras: análise e/ou comentarios de series estatísticas, gráficos ou textos, resolución de exercicios, discusión de documentos históricos, etc., ou ben, a realización de test, esquemas, sínteses ou mapa conceptual do material previamente distribuído.
Todas estas tarefas realizaranse individualmente ou por equipos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000