Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Economía: Microeconomía é unha materia que se distingue polo seu alto enfoque analítico e conceptual. Aínda que non se necesita un dominio de matemáticas avanzadas, é esencial ter certo coñecemento sólido de conceptos matemáticos básicos. Por exemplo, é importante saber que é unha función de unha ou varias variables, como se representa, como derivar, e como determinar o seu máximo ou mínimo. Algúns estudantes poden atopar algunhas dificultades debido á abstracción e razoamento lóxico da materia, e a que dispoñen dunha base matemática pouco sólida. Para superar estas dificultades, aconséllase seguir o seguinte procedemento de estudo: • A asistencia á clase é fundamental para seguir a materia. • Levar a cabo un proceso de estudo continuo, sistemático e ordenado. • Preguntar todas as dúbidas que poidan xurdir, así como concertar titorías personalizadas co profesorado. Seguindo este procedemento, o estudante aprenderá de forma gradual os conceptos e técnicas explicadas na materia. Esta guía docente está redactada polo coordinador en galego. En caso de existir diferenzas entre versións en idiomas distintos, a que prevalece é a que está en galego. As particularidades da materia serán publicadas en MOOVI (maior especificación da avaliación, metodoloxía docente, deseño e estrutura da materia...). Recoméndase a asistencia a clase, aínda que non é obrigatoria. Prohíbese en clase calquera uso de dispositivo móbil para a realización de vídeos ou fotos. O estudante citado a unha proba de avaliación terá que comparecer no lugar e hora prevista cun documento acreditativo oficial da súa identidade en formato físico ou dixital (DNI, NIE, pasaporte, cartón universitario ou carné de conducir).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000