Estudo das institucións principais do Dereito do Traballo e da Seguridade Social desde a perspectiva da problemática práctica que supón o exercicio profesional da avogacía. Na análise dos contidos, partirase dos coñecementos teóricos que os licenciados e graduados en Dereito adquiriron no seu paso polo ensino universitario, e traballarase en Seminarios principalmente coa metodoloxía do caso seguindo todo o iter procesual ata a finalización do asunto, co fin de conseguir a adquisición polos alumnos das habilidades e aptitudes esenciais no usus fori.