Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Ourense
 Materias
  Práctica Penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. A asistencia e participación activa nas clases presenciais representa o 25% da cualificación final. 25 B1
B2
B7
B8
C1
D1
D6
D7
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba tipo test, cuxa nota constituirá o 35% da nota final.
A data e a hora deste exame na primeira oportunidade será a prevista no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.
35 B1
B2
B7
B8
C1
D1
D6
D7
Estudo de casos Realizarase un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.
A data e a hora deste exame na primeira oportunidade será a prevista no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.
40 B1
B2
B7
B8
C1
D1
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira oportunidade

O/a estudante debe elexir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua
De acordo ao descrito anteriormente.

b) Exame final

O/a estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluido do mesmo realizará un único exame final. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 40% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.

As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o alumnado que non se somete á avaliación continua coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete á avaliación continua, a saber: B1, B2, B7, B8, C1, D1, D6 y D7. 


2. Segunda oportunidade

A. O/a estudante que se someteu a avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo curso. Nestes casos, o exame representa o 75% da cualificación final.

O exame final constará de dúas partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico, consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 40% da cualificación final.

B. O/a estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluido do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 40% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.

As datas e os horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son os especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da asignatura e ao alumnado matriculado.

As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o alumnado que se somete a segunda oportunidade de exame coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete á avaliación continua, a saber: B1, B2, B7, B8, C1, D1, D6 y D7. 

En todos os casos, as pruebas realizadas permitirán avaliar os resultados de formación e aprendizaxe.

TITORÍAS

As do profesorado universitario pódense consultar no perfil docente na Uvigo (http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/) as do profesorado profesional atenderanse previa concertación de cita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000