1. Primeira oportunidade (maio/xuño):O estudante debe elixir entre un sistema
de avaliación continua ou a realización dun exame final.
a) Avaliación continua:Para poder optar polo sistema de avaliación
continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das
clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: 1.- A asistencia
e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación
final. 2.- Realización dun
exame, que representa o 80% da cualificación final, pero ten que ser
superado cun 4 sobre 8, para que se some o 20% da avaliación continua. O devandito exame constará de dous partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30%
da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo
dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
A data e a hora do exame da
primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso.
b) Exame final:
O estudante que non se someta ao sistema
de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame
representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo
test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico
consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da
cualificación final. 3) Exposición e
defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias
da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao
sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da
cualificación final.
A data e a hora do exame da
primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso.
2. Segunda oportunidade (xullo):
1. O estudante
que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo
no mesmo. Nestes casos, o exame, representa o 80% da cualificación
final, pero ten que ser superado cun 4 sobre 8, para que se some o 20% da
avaliación continua. O devandito exame constará de dous partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30%
da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo
dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
2. O estudante
que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do
mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da
materia.
O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo
test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico
consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da
cualificación final. 3) Exposición e
defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias
da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao
sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da
cualificación final.
A data e a hora do exame da
segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso.
OUTRAS INDICACIÓNS:
As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado.
De resultar preciso, por motivos excepcionais, modificar ou concretar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións publicaranse no mesmo soporte telemático.
No caso de que sexa necesario realizar a un ou varios estudantes calquera das probas en data distinta das previstas no cronograma ou no calendario oficial, poderá substituírse por un exame oral sobre o contido obxecto de avaliación.
En todos os casos, as probas realizadas permitirán avaliar os resultados de aprendizaxe. |