Guia docente 2022_23
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Mercantil
   Competencias
Código Descrición
CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
CG5 Capacidade de traballar en equipo e coordinar grupos de traballo.
CG6 Comportarse de forma ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
CE8 Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10 Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE13 Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CT1 Capacidade de síntese e análise.
CT2 Capacidade de xestión da información.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000