Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito tributario da Unión Europea e internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Catro exames tipo test previstos, exclusivamente, para as/os alumnas/os que se sometan ao sistema de avaliación continua (cada un deles supoñerá un 17,5% da cualificación final).
A nota media dos distintos exames tipo test constituirá para ditas/os alumnas/os o 70% da súa nota final.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
70 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Observación sistemática O profesorado, a través de diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e a calidade das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios.
A participación activa e de calidade do alumnado sometido a avaliación continua suporá o 10% da súa cualificación final.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Prueba final escrita que representa el 20% de la nota para las/os alumnas/os que se sometan a evaluación continua.
Quien, después de someterse al sistema de evaluación continua, hubiese obtenido en esta última una nota final mínima de 5 sobre 10 no estará obligado a realizar la prueba final escrita de respuesta corta como requisito necesario para superar la materia.

Para las/os alumnas/os que NO se sometan al sistema de evaluación continua, la prueba final escrita de respuesta corta representa el 100% de su nota.

Resultado de aprendizaje: Conocer, interpretar y aplicar las normas reguladoras del Derecho tributario de la Unión Europea e internacional.
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CRITERIOS AVALIACIÓN 1ª EDICIÓN DE ACTAS

1.- Conforme establece o Regulamento de Avaliación da Universidade de Vigo (aprobado polo Claustro do 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua consonte o procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. 

 Para ese efecto, na Facultade de Dereito, unha vez transcorrido un mes desde o comezo do cuadrimestre, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, de forma fidedigna, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. 

 2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios: proba final escrita de resposta curta (20%), catro probas de avaliación continua de tipo test (70%), e participación activa e de calidade (10%), nos que se avaliarán todas as competencias da materia.
 

Pero o/a alumno/a que obtivese unha nota mínima de 5 sobre 10, tras sumar as cualificacións obtidas nas catro probas de avaliación continua de tipo test (70%) e a participación activa e de calidade (10%), non estará obrigada/o a realizar a proba escrita de resposta curta (20%) como requisito necesario para superar a materia. 

3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan ao sistema de avaliación continua, a proba final escrita de resposta curta representará o 100% da súa cualificación, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.

4.- Os resultados da aprendizaxe tanto para o alumnado que se somete a avaliación continua como para o que non o fai serán os mesmos: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.

CRITERIOS AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS

1.- Na segunda edición de actas, tanto os alumnos que se someteron a sistema de avaliación continua, como os que non o fixeron, realizarán unha proba escrita, de resposta curta, que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.

2.- Os resultados da aprendizaxe tanto para o alumnado que se somete a avaliación continua como para o que non o fai serán os mesmos: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

O exame de fin de carreira consistirá nunha proba escrita, de resposta curta, que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.

Os resultados da aprendizaxe serán: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.


As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación, aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico 2023/24.

 As cualificacións publicaranse na plataforma MOOVI, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. 

AS TITORÍAS DO PROFESORADO QUE IMPARTE A MATERIA PODERÁN CONSULTARSE E/O SOLICITARSE EN: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000