A eses efectos, na Facultade de Dereito, unha vez
transcorrido un mes desde o comezo do cuadrimestre, abrirase un prazo de 10
días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, de forma fidedigna, a
súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.
2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios NA PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS
1º) Proba escrita, que se realizará superada a metade do cuadrimestre (40% do valor total da cualificación final).
2º) Proba escrita, que se realizará na data oficial de exame final da primeira oportunidade de exame (40% do valor total da cualificación final).
3º) Asistencia regular, participación activa en clase e asistencia a outras posibles actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario (20% do valor total da cualificación final). Aos efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia a clase, así como a participación activa e, no seu caso, a asistencia ás actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario.
Para aprobar a materia deberán concorrer, de forma acumulativa, as seguintes circunstancias:
1º.- O/a alumno/a deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das dúas probas escritas.
2º.- Que a cualificación obtida polo/a alumno/a por asistencia regular, participación activa e, no seu caso, as actividades organizadas pola área de Dereito financeiro e tributario (20% da cualificación final) sumada ás cualificacións obtidas nos exames escrito (80% da cualificación final) sexa igual ou superior a 5.
3.- O/o alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios NA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
Exame escrito, que se realizará na data oficial de exame final da segunda oportunidade de exame (80% do valor total da cualificación final -ou 40% no caso de que se conserve a cualificación obtida nalgunha das dúas probas escritas realizadas na primeira edición de actas-). Conservarase tanto a cualificación correspondente á asistencia regular, participación activa en clase e asistencia a outras posibles actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario obtida durante o curso (20% do valor total da cualificación final), como a cualificación de, polo menos, 5 puntos obtida en cada unha das dúas probas escritas (realizadas na primeira edición de actas).
4.- Si o/o alumno/a que se acolleu ao sistema de avaliación continua non superase as probas escritas cunha cualificación mínima de 5 sobre 10 –TANTO NA PRIMEIRA COMO NA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS-, verá reflectida na acta a máxima cualificación que podería obter por asistencia regular, participación activa en clase e asistencia a actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro
e Tributario (2 puntos).
5.- Alumnos/as acollidos/as ao sistema de avaliación global tanto na PRIMEIRA COMO NA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS: a súa cualificación estará integrada polo 100% da cualificación obtida no exame final escrito, que será diferente ao que realice o alumnado de avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaránselles de todas as competencias.
6.- O exame final tanto da primeira como da segunda oportunidade realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o presente curso académico.
As cualificacións serán publicadas na plataforma MOOVI, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado.
ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE CONCORRAN Á
CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.-