| Código |
Descrición |
| A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
| A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
| A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
| A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
| B1 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
| B2 |
Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual |
| B4 |
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar |
| C3 |
CE3 - Coñecer o concepto e fontes do Dereito Mercantil, así como o réxime xurídico do empresario individual e as sociedades mercantís |
| C4 |
CE4 - Saber interpretar e aplicar as normas mercantís relativas ao empresario individual e social |
| D3 |
Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal. |
| D5 |
Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. |