Guia docente 2019_20
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos
   Contidos
Tema Subtema
1. INTRODUCIÓN: MUSEOLOGÍA E MUSEOGRAFÍA Criterios básicos de planificación no museo
2. COMISARIADO DE EXPOSICIÓNS COMO FERRAMENTA DE INVESTIGACIÓN E CREACIÓN. Comisariado de exposicións como ferramenta de investigación e creación
3. MODELOS EXPOSITIVOS. Os museos son institucións permanentes que adquiren, conservan, investigan comunican e exhiben coleccións de obxectos de natureza diversa cos propósitos de estudo, educación e contemplación.
O museo cambiou até facerse irrecoñecible. A conexión entre arte e vida reivindicada pola vangarda histórica ha ocorrido, pero en forma de industria cultural e estetización comercial para o consumo.
4. O MUSEO CONTEMPORÁNEO: ARQUITECTURA E ESPECTÁCULO. Dos cambios experimentados polo museo contemporáneo a partir da inauguración do Centro Geroges Pompidou, no ano 1977, xurdirá un espazo híbrido que non perde de vista o espectáculo. Este non só está presente na programación ou nas actividades complementarias de infinidade de institucións, senón na súa propia arquitectura, a cal constitúe en moitos casos o seu principal reclamo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000