Guia docente 2021_22
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Técnicas de Documentación Cartográfica 2D e 3D do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Os resultados da aprendizaxe son a capacitación do alumno para a documentación xeomática dos bens patrimoniais. Preténdese que o alumno sexa capaz de documentar as características físicas, formais e o estado de conservación do patrimonio cultural inmoble e a súa contorna inmediata. 80 CB1
CG2
CE5
CE6
CT4
CT5
Observación sistemática O alumno realiza un seguimento da docencia, así como das prácticas e seminarios a través das ferramentas telemáticas. Os resultados da aprendizaxe son a capacitación do alumno para a documentación xeomática dos bens patrimoniais. 20 CG2
CE5
CE6
CT4
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación

A primeira se leva a cabo durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitaráse na plataforma de docencia unha semana adicional, ao final de cada cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda convocatoria de avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000