Guia docente 2021_22
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Realizaranse os traballos e proxectos propostos pola docente, utilizando ferramentas de entrega remota na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma Faitic en http://faitic.uvigo.es.
O resultado de aprendizaxe avaliado é: Capacitar ao alumno para desenvolver proxectos e traballos no ámbito patrimonial con suficentes coñecementos legais, a través de clases eminentemente prácticas.
40 CE3
CE4
Resolución de problemas Realizaranse probas de avaliación on-line (probas tipo test), sobre os contidos da materia (temas 1 e 2) na na data indicada e cuxa información estará desde o principio do curso dispoñible na plataforma Faitic en http://faitic.uvigo.es.
O resultado da aprendizaxe avaliado é: Comprender os conceptos chave na contorna do patrimonio, a nivelxurídico, para a súa formación académica e o seu desenrolo profesional a través de unha síntee coherente e ordeada do abundoso e disperso corpus legal neste ámbito.
60 CG1
CT1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira é levada a cabo durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitarase na plataforma de docencia unha semana adicional, ao final do cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente.

Para a culminación exitosa da materia, é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster (Faitic), o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente.

Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo.

É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible e non esperar ao límite da data de entrega.

A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo, cos mesmos requisitos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000