Guia docente 2019_20
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión orientada a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e as suas motivacións. Presentación da materia e dos entornos nos que se desenvolverá o módulo, empregando ferramentas de teleformación e telecomunicación.
Seminario Interacción docente/alumnado coa finalidade de exposición básica de contidos, orientación, asesoramento e resolución de dúbidas no proceso do aprendizaxe, co apoio dos medios de teleformación.
Estudo de casos Análise de casos ou situacións en relación co concepto e categorías do Patrimonio Cultural. Proceso sustentado na plataforma de teleformación.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades vinculadas ó desenvolvemento da reflexión, debate, crítica e xeneración aberta de alternativas movilizando os coñecementos e as habilidades dos estudantes mediante as diferentes ferramentas tecnolóxicas de docencia.
Prácticas autónomas a través de TIC Aplicación dos coñecementos e das capacidades do alumnado nun senso autónomo e dirixido con carácter transversal no desenvolvemento da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000