Guia docente 2019_20
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresións do Patrimonio Cultural, coñecer as ferramentas para a súa cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a súa xestión.
  CG2 Adquirir o coñecemento necesario para manexar as distintas ferramentas de documentación gráfica, dimensional e xeoespacial para ser aplicadas na documentación e valoración do Patrimonio ben cultural.
  CG3 Adquirir a capacidade de levar á aplicación práctica da protección do ben cultural os coñecementos teóricos e os protocolos de documentación e caracterización.
  CG4 Coñecer e aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a búsqueda bibliográfica, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigurosa.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Estar capacitado para seleccionar as ferramentas de estudo e documentación necesarias para coñecer o ben cultural, incluso establecendo metodoloxías de traballo estandarizables.
  CE2 Adquirir a capacidade de deseñar protocolos de intervención, establecendo tipos, prioridades e intensidades de acción ante un ben cultural en risco de alteración.
  CE3 Adquirir a capacidade para redactar proxectos de intervención no Patrimonio cultural de acordo coa lexislación reguladora específica.
  CE4 Adquirir a capacidade para catalogar o Patrimonio cultural inmoble, esbozando niveis de risco e podendo establecer mecanismos de protección xurídica e preventiva.
  CE5 Dominar e ser capaz de aplicar instrumental e procedementos de diversas técnicas cartográficas ao Patrimonio cultural inmoble para o seu control dimensional e a elaboración de documentación gráfica empregando ferramentas CAD.
  CE6 Analizar, depurar e interpretar información xeográfica, así como o seu almacenamento en bases de datos, en función de requisitos técnicos para o inventario e documentación dun proxecto de intervención.
  CE7 Coñecer os fundamentos das técnicas non destructivas máis empregadas para a prospección superficial do subsolo do Patrimonio cultural inmoble e desenvolver aa capacidade de determinar a súa aplicabilidade a casos concretos.
  CE8 Entender os valores multifactoriais do Patrimonio cultural, e valorarlo adecuadamente conforme a criterios de uso social.
  CE9 (CE1-M3) Coñecer un número extenso de solucións técnicas de intervención, conservación e protección, adquirindo a capacidade para seleccionar a solución máis adecuada a cada caso.
  CE10 (CE2-M3) (CE2-M3) Desenvolver a capacidade de seleccionar metodoloxías e instrumentos de exame e valoración do Patrimonio cultural inmueble adecuadas, tanto no que respecta aos materiais empregados, como á contorna que rodea ao ben.
  CE11 (CE3-M3) Ser capaz de identificar diferentes técnicas constructivas e valorar a súa influencia na conservación do ben.
  CE12 (CE4-M3) (CE3-M3) Ser capaz de identificar diversos factores de alteración dos bens culturais, tanto no que respecta aos materiais como á contorna e estruturas, así como ser capaz de identificar as manifestacións desta degradación.
  CE13 (CE5-M3) (CE5-M3) Adquirir a capacidade de diagnosticar, sobre a base dun coñecemento científico, o estado de conservación do ben cultural.
  CE14 (CE1-M4) Adquirir a capacidade de manexar ferramentas documentales e técnicas historiográficas para a caracterización de bens patrimoniales.
  CE15 (CE2-M4) Desenvolver a capacidade para a aplicación de metodoloxías de análises territorial do Patrimonio segundo obxectivos de valoración e protección.
  CE16 (CE3-M4) Desenvolver a capacidade para a tóma de decisións sobre a función que se asigna ao Patrimonio, a súa posta en valor e uso público, e para a elaboración de estratexias encamiñadas á súa recuperación.
  CE17 (CE4-M4) Adquirir a capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e a creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o Patrimonio.
  CE18 (CE5-M4) Coñecer e aplicar os procedementos e mecanismos para a valoración e protección do Patrimonio arquitectónico no seu contexto territorial e administrativo.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Poder integrar as diversas informacións e datos aportados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de acción.
  CT2 Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
  CT3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
  CT4 Concebir a protección do Patrimonio cultural nun marco de desenvolvemento sostible.
  CT5 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
  CT6 Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñaría e no desenvolvemento de cualquera dos aspectos do seu labor profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000