Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte moderna
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba de resposta longa, na que o alumnado terá que demostrar a comprensión e asimilación dos contidos teóricos da materia.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento da Historia da Arte Moderna como producto dun complexo proceso, aberto e contínuo
40 A3
B2
Traballo Na súa evaluación se considerarán os seguintes criterios: singularidade e complexidade do tema de estudo escollido, metodoloxía, bibliografía e fontes consultadas, presentación, claridade e orixinalidade expositiva.
Con elo o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Capacidade para a interpretación das manifestacións artísticas do período de estudo.
20 A2
A4
C31
C32
D2
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado nas actividades programadas, visitas, debates e presentación de tarefas.
Con elo o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Aplicar os coñecementos e demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos a resolución de problemas.
10 A2
A3
A4
Cartafol/dossier Informe das saídas de estudo programadas como complemento da materia.
Con elo o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Lectura da obra de arte nos diferentes períodos de estudo dende unha prespectiva metodolóxica múltiple
10 A4
B2
C28
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios A sesión maxistral será avliada tamén mediante aIdentificación, análisis e comentario de obras de arte correspondentes á época Moderna, con especial atención á súa morfoloxía, tipoloxía e iconografía.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Capacidade para recoñecer e reflexionar sobre as principais aportacións artísticas ao longo da historia.
20 A3
B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (Moovi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial o remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios on line, etc.).

As sesións de lección maxistral do profesor serán gravadas en vídeo. Estas gravacións quedarán a libre disposición dos alumnos a través da plataforma Moodle, onde poderán visualizalas asíncronamente no momento que o estimen oportuno.

Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria.

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado" da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% da mesma.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000