Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Paleografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas con apoio das TIC Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado a traves da realización de exercicios de transcrición e datación documental en JClic e/ou Moodle (FaiTic, UVigo).

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 CB5
CG6
CE17
CE23
CT2
CT6
CT7
CT11
CT14
Resolución de problemas de forma autónoma Tarefa na que o alumnado deberá buscar, recuperar e editar fontes manuscritas.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación oral e escrita de traballos monográficos individuais ou colectivos baseados en fontes e bibliografía específicas.
20 CB4
CG6
CE17
CE18
CT2
CT6
CT11
CT14
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental e desenvolvemento de abreviaturas realizados sobre fontes manuscritas.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e interpretacións historiográficas.
30 CG3
CE17
CT1
CT2
CT5
CT7
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba na que o alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
40 CB5
CG6
CE17
CE23
CT2
CT5
CT9
CT14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que se acolla á modalidade semipresencial poderá seguir a
materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da
Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a
adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto
nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación,
xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por
outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a
partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de
acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

A/o estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles.



Todo o alumnado
matriculado na materia ten dereito a dispor como alternativa de probas de
avaliación global
(Artigo 64.g dos Estatutos da Universidade de Vigo).
Aqueles estudantes que non poidan acollerse á avaliación continua, serán
avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na
que deberán datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito (50% da nota
final) e unha proba de resposta curta na que deberá resolver e explicar
exercicios sobre datación documental, desenvolvemento de abreviaturas e normas
de edición realizados sobre fontes manuscritas (50% da nota final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000