Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta O alumnado examinarase dos seus coñecementos sobre os contidos teóricos da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos recursos de recompilación e búsqueda de información xerais e destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
30 A4
A5
C18
C23
D5
Traballos e proxectos O alumnado elaborará e presentará un traballo no que se recollerán e valorarán todas as fontes de información necesarias para elaborar a guía dun itinerario cultural centrado nun mosteiro da provincia de Ourense.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacidade de selección e valoración crítica das fontes de información e destreza na utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
40 A4
A5
B6
C6
C23
C30
C32
C34
D1
D5
D6
D7
Probas de autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de probas de autoavaliación a través de Moodle.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Dominio dos instrumentos de recompilación de información en Humanidades.
10 A3
A5
B6
C18
C23
D1
D5
D11
Informes/memorias de prácticas O alumnado elaborará e entregará a través de Moodle informes pormenorizados do proceso de búsqueda e selección das fontes de información integradas no traballo de curso.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Dominio dos instrumentos de recompilación de información en Humanidades.
20 A3
A5
B6
C7
C18
C23
D1
D5
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 40% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 60% desta.

Os estudantes que realicen os exames finais deberán entregar, o día do exame oficial, un traballo consistente no deseño dun itinerario cultural por Ourense que incluirá unha descrición da ruta seleccionada (ámbito xeográfico, duración, elementos patrimoniais que inclúe, etc.) e unha memoria na que se recollerán e valorarán as fontes de información necesarias para elaborar unha guía do itinerario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000