Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arte: Arte clásica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Arte: Arte clásica Código O02G251V01203
Titulación
Grao en Xeografía e Historia
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Domínguez López, Ángel
Correo-e adominguez@uvigo.es
Profesorado
Domínguez López, Ángel
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral O principal obxecto de estudo da Historia da arte son as propias obras de arte, e o seu obxectivo fundamental consiste en chegar a explicar ditas obras e a súa evolución a partires das premisas históricas.
O primeiro eslavón dentro desta cadea correspóndelle á arte clásica que se acepta como a pauta estética de base de toda a produción arquitectónica e figurativa do occidente europeo. Ademais de ser a linguaxe clasicista a que ofreza o camiño formal de máis ampla repercusión a través de toda a historia, expresando diversos contidos.
Partindo desta base o terreo que abarca a materia divídese en dous grandes temas:
O primeiro, orientado ao estudo da tradición artística grega, partindo da arte arcaica, pasando polo momento clásico coa análise das obras que marcan o cénit da arte grega e consagran o canon, ata a magnificencia e barroquización do período helenístico, que expandirá as súas realizacións pola conca mediterránea e levaraas ata os confíns de oriente.
O segundo, dende a Roma primitiva ata a Antigüidade tardía, coa análise das obras clave de Etruria, da Roma republicana e da Roma imperial, abordadas como unha interpretación da estética e do ideal artístico en cada época.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000