Guia docente 2011_12
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada: territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. 20
Estudo de casos/análises de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo das diferentes variables involucradas, a análise dos antecedentes e condicións da situación. 30
Sesión maxistral Avaliación das competencias adquiridas mediante proba tipo test 40
Outras Asistencia e participación activa nas actividades e sesións planificadas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000