Guia docente 2011_12
Facultade de Historia

Facultade de Historia

A Facultade de Historia, sita no Campus Universitario de Ourense, oferta dúas titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES): Grao e Posgrao. Ademáis manténse vixente a titulación de Licenciatura en Historia, tamén en liña cos criterios de referencia do EEES.

Neste ano académico 2010-2011 impártense o primeiro e segundo curso do Grao en Xeografía e Historia; asemade, o  terceiro, cuarto e quinto curso da Licenciatura en Historia.

No Posgrao xa se desenvolveu o curso de Mestrado en “Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais” (2009-2010) que posibilita, no mesmo Centro, a realización da Tese de Doutoramento. A información relativa á convocatoria 2010-2011 deste Mestrado de Investigación poder ser consultada nesta web.

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000