Guia docente 2011_12
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación farase mediante a realización de dúas probas que incluirán: preguntas de resposta longa ou desenvolvemento, alguhas de resposta curta e unha proba práctica. 60
Seminarios Presentación e análise crítica dos materiais traballados mediante a participación activa do alumno nos debates e discursións. 7.5
Traballos tutelados Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme os criterios establecidos, dos traballos requeridos. 15
Traballos de aula Presentación e entrega, conforme os criterios establecidos, dos materiais elaborados nas sesións prácticas. 7.5
Outras Asistencia e participación activa do alumno nas clases e actividades presenciais (seminarios, prácticas, etc.), así como a entrega puntual dos traballos requiridos. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os alumnos matriculados na materia teñen dereito a realizar o examen final, no que serán evaluados dos contidos do programa (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas teóricas ou de desenvolvemento relativas ós conceptos básicos da mesma, xunto cunha pregunta práctica, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnso/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000