Seminarios |
Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados, amáis de pola asistencia, mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito. |
35 |
Outras |
Asistencia ás clases presenciais (sesión maxistral, seminarios, viaxe de estudios, presentacións/exposicións) e avaliación do grao de participación nas mesmas |
10 |
Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (40%) e mais na entrega de sendos traballos escritos equivalentes á presentación/exposición dun subtema específico (35%) e mais á memoria breve da saída de estudios (15%). O tamaño, contido e outras condicións destes traballos serán acordadas previamente co profesor da materia. Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos. Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas. Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria, coa salvedade de que o 10% asignado á asistencia pasará a repartirse entre o exame (45%) e as actividades prácticas (55%). |