Seminarios |
Actividades desenvolvidas en grupo reducido, enfocadas ao traballo en profundidade sobre 5 subtemas específicos do temario a acordar co profesor.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia. |
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo reducido (2-3 persoas), dun dos subtemas específicos tratados nos seminarios, a xeito de sesión maxistral para o resto dos seus compañeiros.
A exposición deberá apoiarse en medios audiovisuais (PowerPoint ou similar) e deberán entregar asemade o guión da exposición por escrito. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Esta exposición abranguerá alomenos 5 subtemas dos contemplados no temario. |