Guia docente 2011_12
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arqueoloxía aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Saídas de estudo/prácticas de campo A viaxe de estudios será avaliada, amáis de pola asistencia, mediante a entrega dunha breve memoria de prácticas 15
Seminarios Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados, amáis de pola asistencia, mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
35
Sesión maxistral Os contidos presentados nas sesións maxistrais serán avaliados, amáis de pola asistencia, mediante unha proba de resposta curta. 40
Outras Asistencia ás clases presenciais (sesión maxistral, seminarios, viaxe de estudios, presentacións/exposicións) e avaliación do grao de participación nas mesmas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (40%) e mais na entrega de sendos traballos escritos equivalentes á  presentación/exposición dun subtema específico (35%) e mais á memoria breve da saída de estudios (15%). O tamaño, contido e outras condicións destes traballos serán acordadas previamente co profesor da materia.

Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos.  Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.

Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria, coa salvedade de que o 10% asignado á asistencia pasará a repartirse entre o exame (45%) e as actividades prácticas (55%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000