Guia docente 2011_12
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Metodoloxía da historia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Dúas probas. Cada unha delas inclúe preguntas teóricas ou de desenvolvemento sobre os contidos e conceptos básicos da materia, así como unha proba ou probas prácticas. 50
Prácticas en aulas de informática A avaliación realizarase mediante a elaboración dun informe, dossier ou memoria de prácticas. 5
Prácticas externas A avaliación farase mediante a elaboración e entrega dun informe ou memoria de prácticas. 5
Traballos tutelados Elaboración, montaxe e entrega dun traballo persoal de investigación histórica a partir da lectura e análises de fontes documentais. 30
Outras Asistencia e participación activa do alumno nas sesións teóricas e prácticas, así como entrega puntual dos traballos requeridos. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas teóricas ou de desenvolvemento relativas ós conceptos e contidos básicos da mesma, xunto cunha pregunta práctica, que suporá o 60% da súa cualificación final. O 40% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000