Guia docente 2013_14
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Espazos e sociedades
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos fundamentais como referentes das aplicacións metodolóxicas a desenvolver na materia.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, prepara co apoio do docente a elaboración dun traballo na temática da materia (introducción e orientación dunha proposta de investigación). Inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo (visitas a centros de investigación, empresas, institucións... de interese académico-profesional para o alumno).
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma.
Titoría en grupo Para seguimento da realización de traballos e comentarios, asesorar e aclarar dúbidas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000