Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios A partir da elaboración dunha posta ao día ou recensión bibliográfica sobre temas e textos relacionados cos aspectos do temario máis relevantes da actualidade, exporanse e debateranse os traballos que estarán agrupados por temáticas afíns.
Valorarase:
- Marco teórico.
- Estrutura e articulación do traballo.
- A reflexión e pensamento crítico sobre os contidos
- Calidade de exposición e presentación formal.
30
Traballos de aula Proba final acerca dos contidos procedementais da materia.
Valorarase:
- Os coñecementos operativos adquiridos nas sesións prácticas da aula.
- A interpretación e representación gráfica da información.


30
Sesión maxistral Exame ou proba final escrita, na que se deberá alcanzar a cualificación de 5 para poder facer o cómputo global de todas as actividades.
Valoraranse:
- Os coñecementos teóricos da materia.
- A estruturación de ideas.
- Precisión e claridade expositiva.
30
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a asistencia e a participación do alumnado 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>&nbsp;Todo alumno matriculado na materia ten dereito a&nbsp; realizar os exames finais(Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos qu non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita , que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará&nbsp;un 30 % desta.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000