Seminarios |
Como técnica de metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os compoñentes do seminario. |
Sesión maxistral |
Explicación por parte da profesora dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas.
Asistencia ó Ciclo de Conferencias de temática transversal, organizadas polo Departamento de Historia , Arte e Xeografía.
Asi mesmo ás Xornadas sobre "A historia no medio" no marco das Actividades de Extensión Cultural da Universidade, etc. |