Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo Dedicarase fundamentalmente a orientar ao alumnado na realización do seu traballo autónomo. Prestarase especial atención aos aspectos relacionados coa planificación e organización das diferentes actividades prácticas, seminarios etc.
Seminarios Como técnica de metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os compoñentes do seminario.
Traballos de aula Estas actividades estarán encamiñadas á explicación e resolución de exercicios prácticos na aula, en consonancia e en función das clases teóricas. Análise e interpretación de materiais gráficos diversos, cadros estatísticos, cálculo de índices, comentarios de audiovisuais e manexo das TIC.
Sesión maxistral Explicación por parte da profesora dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas.

Asistencia ó Ciclo de Conferencias de temática transversal, organizadas polo Departamento de Historia , Arte e Xeografía.
Asi mesmo ás Xornadas sobre "A historia no medio" no marco das Actividades de Extensión Cultural da Universidade, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000