Seminarios |
Como técnica de metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os compoñentes do seminario. |
Sesión maxistral |
Explicación por parte da profesora dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas.
|