Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1. Mirar, pensar, analizar o territorio. 1.1. A xeografía como ciencia. Evolución da Xeografía humana: da descrición ao método científico. O espazo como produto social.
1.2. Os conceptos clave articuladores da xeografía moderna. Relacións home-medio, espazo, rexión, paisaxe.
1.3. A observación do territorio: o problema das escalas xeográficas e niveis de análise espacial.
TEMA 2. As relacións sociedade - medio. 2.1. O concepto de ecosistema e o medio natural mundial. 2.2. O estudo das poboacións. As fontes da análise demográfica e a súa interpretación. Dinámica demográfica e estrutura da poboación. Os modelos de transición demográfica. Movementos migratorios.
2.3. O crecemento da poboación e as políticas demográficas. A distribución desigual da poboación, dos recursos e da actividade.

TEMA 3. Espazos rurais e espazos urbanos: complementariedade e interdependencia.
3.1. O proceso de urbanización. Etapas no desenvolvemento urbano. Definición da cidade. Criterios e problemas.
3.2. A cidade como espazo. Os conceptos de localización e situación. O valor xeo-histórico do plano urbano e análise dalgunhas tipoloxías de cidades. A imaxe da cidade. Morfoloxía e estrutura urbana. O espazo urbano como un produto social. Os problemas das cidades.
3.3. Os espazos rurais. A funcionalidade dos medios rurais nas sociedades urbanas: heteroxeneidade, subordinación e dependencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000