Presentacións/exposicións |
Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición, e a resposta ás preguntas realizadas.
<br><br>Como receptor: Valorarase a participación na exposición dos compañeiros, tendo en
<br><br>conta os comentarios/cuestións realizadas |
20 |
Sesión maxistral |
Realización dun exame da materia. Incluirá preguntas relativas a conceptos teóricos, metodoloxías de producción, métodos analíticos e casos prácticos |
35 |
- É necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 sobre 10 en cada apartado para a superación da materia (Exame, prácticas de laboratorio, exposicións e seminarios).
- No caso de alumnos que non poidan asistir presencialmente deberán demostrar as habilidades e coñecementos expostos en clase e no laboratorio. Deberán facer o exame da materia, realizar un traballo podendo grabar a presentación do mesmo nun video que subirán na plataforma de teledocencia, realizar traballos resolvendo casos tratados en seminarios, e realizar un exame dos aspectos de laboratorio. Non obstante, no caso das prácticas de laboratorio prégase que dentro do posible se asista presencialmente.
- En xullo o alumno poderá obtar por examinarse do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria anterior, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
- A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
- Datas previstas para a realización dos exames: 23 de Marzo de 2015 ás 10.00 e 16 de Xullo de 2015 ás 10.00
|