Presentacións/exposicións |
Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición, e a resposta ás preguntas realizadas.
Como receptor: Valorarase a participación na exposición dos compañeiros, tendo en conta os comentarios/cuestións realizadas |
20 |
|
|
C1 C2 C6
|
D4 D8
|
Sesión maxistral |
Realización dun exame da materia. Incluirá preguntas relativas a conceptos teóricos, metodoloxías de producción, métodos analíticos e casos prácticos |
35 |
|
|
C1 C2 C6
|
|
- É necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 sobre 10 en cada apartado para a superación da materia (Exame, prácticas de laboratorio, exposicións e seminarios).
- No caso de alumnos que non poidan asistir presencialmente deberán demostrar que posúen os coñecementos es as habilidades no laboratorio requeridas. Deberán facer o exame da materia, elaborar un traballo, cuxa presentación pode realizarse mediante un video que subirán na plataforma de teledocencia, resolver casos tratados en seminarios, e realizar un exame dos aspectos de laboratorio. Non obstante, no caso das prácticas de laboratorio prégase que dentro do posible se asista presencialmente.
- En xullo o alumno poderá obtar por examinarse do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria anterior, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
- A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
- Datas previstas para a realización dos exames: 23 de Marzo de 2016 ás 10.00 e 12 de Xullo de 2016 ás 10.00
|