Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Tecnoloxía Aplicada á Valorización de Residuos Agro-Industriais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor e con axuda de medios audiovisuais dos aspectos máis importantes dos contidos do temario da materia, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante (presencial)
Estudo de casos Actividades nas que se avalían publicacións científicas, formúlanse problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Realizásense no laboratorio/aula (presencial) ou mediante plataforma de teledocencia MOOVI (non presencial)
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou por grupos, elabora un documento sobre un aspecto ou tema concreto da materia, polo que suporá a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, exposición... (non presencial)
Presentación Na última sesión presencial os estudantes presentarán e defenderán o seu traballo en clase a través dunha exposición oral e turno posterior de debate
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000