Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Monotorización e Control de Procesos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS CON MOTIVO DO COVID-19

1. MODALIDADE MIXTA
1.1. METODOLOXÍAS E AVALIACIÓN
Toda a docencia recollida na memoria está deseñada para ser impartida en modalidade semipresencial ou mixta.
1.2. TITORÍAS
As titorías realizaránse no despacho virtual do profesor José Luis Alonso (despacho 53) a través do campus remoto en horario de titorías e pedindo cita previa a través do correo electrónico (xluis@uvigo.es).


2. MODALIDADE NON PRESENCIAL
2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
2.1.1. SESIÓN MAXISTRAL
As clases impartiranse en modo online e en horario habitual e empregando empregando unha tableta dixitalizadora e demáis recursos do campus remoto.
2.1.2. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
A resolución de problemas levarase a cabo en horario habitual e empregando unha tableta dixitalizadora e demáis recursos do campus remoto. As entregas cuxa calificación forma parte da avaliación se farán a través do campus remoto e terán o mesmo peso na nota que se da en modo mixto (ver avaliación).
2.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO
As prácticas se impartirán en modo non presencial usando o campus remoto e materiais audiovisuais elaborados polo profesor ou dispoñibles na rede. O traballo incluirá o tratamento de datos facilidados polos profesores e a elaboración dun informe.
2.1.4. TRABALLO TUTELADO.
As entregas que se pidan aos alumnos serán realizadas de forma non presencial por parte dos alumnos e enviadas ao profesor a través do correo electrónico para a súa calificación.

2.2. AVALIACIÓN
A avaliación farase da mesma forma que se presenta na guía docente: exame test, 25%, problemas, 25%; traballos tutelados, 25%; prácticas de laboratorio, 25%.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000