Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Técnicas Instrumentais para a Análise Agroalimentaria e Medioambiental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora, ou do alumno no seu caso, dos aspectos máis importantes dos contidos do temario da materia, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Para a modalidade non-presencial habilitaranse unhas horas especiais de tutoría a convir entre o alumno e a profesora.
Prácticas de laboratorio Actividades (presenciais), en grupos de 2 ou 3 persoas, nas que se constatará a aplicación
directa dos coñecementos teóricos desenvolvidos nas leccións maxistrais e seminarios.
Resolución de problemas Actividade (de forma autónoma) na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos principais contidos da materia.
O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre un aspecto ou tema concreto da
materia, polo que suporá a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía,
redacción, exposición...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000