Traballo tutelado |
Nos traballos tutelados, valorarase o documento final, e no seu caso tamén a exposición do
mesmo, sobre a temática, conferencia, resumo de lectura, investigación ou memoria desenvolvida. |
|
Prácticas de laboratorio |
Se todos os estudantes matriculados poden asistir presencialmente desenvolverase esta metodoloxía.
Ao comezo de cada sesión de laboratorio, a profesora fará unha exposición dos contidos para desenvolver polos estudantes. Así mesmo, durante o desenvolvemento das prácticas de laboratorio, o alumno/a debe elaborar un caderno de laboratorio onde recolla todas as observacións relativas ao experimento realizado, así como os datos e resultados obtidos. O alumno/a dispoñerá por anticipado, na plataforma Moovi, do material empregado en clases (tanto teóricas, boletíns de problemas, como guións das prácticas de laboratorio). |
|