Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Materias
  Dietética
   Plan de Continxencias
 
Descrición

=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Clase magistral, no caso de que as clases non poidan impartirse presencialmente nas aulas do Campus de Vigo e do Campus de Ourense, se impartirán segundo os
medios que dispoña a Universidade como o CAMPUS REMOTO ou outro software que permita a videoconferencia en remoto.
Para iso os alumnos necesitarán conexión a Internet, ordenador ou móbil, cámara, micrófono e altofalantes


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
Atenderase ao alumno ás preguntas e dúbidas suscitadas durante o desenvolvemento da materia preferiblemente por medios telemáticos, baixo a modalidade de cita previa
Por correo electrónico
A través da plataforma de teledocencia MOOVI
Ou aqueles medios que dispoña a Universidade como poden ser os despachos virtuales do Campus Remoto

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación da materia realizarase mediante un exame, si non pode ser presencial realizarase telemáticamente, mediante a plataforma de teledocencia MOOVI e si fose necesario mediante a conexión tamén ao despacho virtual do profesor do CAMPUS REMOTO
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000