Os temas exporanse en varias leccións coa axuda de diaporamas que o alumno poderá adquirir na plataforma tem@ de teledocencia da Universidade de Vigo (http://faitic.uvigo.es). Ademais, e segundo os temas a impartir, daranse explicacións detalladas na pizarra.
Prácticas de laboratorio
Planificaránse diferentes prácticas relacionadas cos contidos da materia para que o alumno se familiarice directamente no laboratorio de investigación coas ferramentas analíticas expostas na parte teórica da materia.
Traballos tutelados
Solicitarase que o alumno analice situacións e estude casos concretos, coa supervisión do profesor. O alumno deberá de aplicar os coñecementos adquiridos na resolución dos casos propostos explicando e xustificando os resultados.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000