A avaliación anterior é válida para os alumnos que asistan
como mínimo a un 75% das clases presenciais. Será necesario chegar a un mínimo
en todas as partes para poder superar a materia. Para os alumnos que non
cumpran dita condición e que non asistan justificadamente ás sesións
presenciais, a avaliación constará dun exame escrito que representará o 70% da
nota final e o 30% restante corresponderá á presentación do traballo de
investigación proposto. Sistema de cualificacións: expresarase mediante cualificación
final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003
de 5 de setembro; BOE 18 de setembro). Para poder aprobar a materia será imprescindible obter un
mínimo de 5 puntos sobre 10 nas probas de coñecementos teóricos e de resolución
de problemas, respectivamente. Valorarase negativamente na elaboración de
traballos e/ou resolución de problemas a réplica ou copia literal de documentos Datas exames: Fin de Carreira: 27-09-2016 (10 horas) 1ª Edición: 28-10-2016 (16 horas) 2ª Edición: 4-07-2017 (10 horas) En caso de erro na transcripción
das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e
publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. Convocatoria fin de carreira: o
alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente co examen (que valerá o 100% da nota). No caso de non asistir a dito
examen, ou de non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de
alumnos. |