Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Química agrícola
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A asistencia aos seminarios é obrigatoria en, polo menos o 80% do total de horas. Valorarase asistencia e participación dunha maneira individual. Resultados de aprendizaxe: RA1

Realizarase unha proba para avaliar os coñecementos adquiridos e versará sobre os problemas propostos nos seminarios. Resultados de aprendizaxe: RA1
30 A3
A4
B1
B2
C10
D2
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria en, polo menos o 80% do total de horas. Valorarase asistencia e participación dunha maneira individual. Resultados de aprendizaxe: RA1

Realizarase unha proba tipo test programada ao final do bimestre que tratará sobre as prácticas de laboratorio. Resultados de aprendizaxe: RA1
10 A4
B1
B2
C10
D2
D4
D5
D8
Lección maxistral Valorarase a asistencia e participación de forma individual.

A avaliación será mediante unha proba tipo test programada ao final do bimestre e tratará sobre os temas comentados nas sesións maxistrais. En segunda convocatoria, a non superación (menos do 50% do valor total da proba) desta significará que non se pode superar a materia.

Resultados de aprendizaxe: RA1
40 A3
A4
B1
C10
D2
D3
D4
D5
D8
Traballo tutelado Este proxecto definirá a capacidade de adquisición, selección e síntese de información por parte do alumnado. As competencias que se pretenden adquirir tratan da capacidade de criba do exceso de información que existe na actualidade e da capacidade de modernizar a información integrando as novas tecnoloxías.

Valorarase a participación, a presentación e o interese polas temáticas presentadas, de forma individual. Resultados de aprendizaxe: RA1
20 A3
A4
B1
B2
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
IMPORTANTE: A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel
alumno ou alumna que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame
oficial acerca de todos os contidos da materia: leccións maxistrais, seminarios, temas dos traballos e prácticas de laboratorio) debe comunicarllo ao profesorado responsable de materia, por email ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.

A asistencia ás prácticas de laboratorio e aos seminarios é obrigatoria no 80% da horas destinadas aos mesmos, na modalidade de Avaliación Continua, na primeira edición. Na Avaliación Global non é obrigatoria a asistencia a ningún tipo de docencia. Con todo, todos os contidos da materia serán avaliados nun único exame.

En Avaliación Continua, dado que o exame é eliminatorio, en segundas convocatorias, os alumnos terán que supera-lo 50% do total do exame. O resto das puntuacións da avaliación continua lles serán sumadas sempre que superen esta proba. Casos
particulares de índole persoal serán considerados polo profesorado responsable, sempre tendo en conta que o alumnado
adquira as competencias específicas da materia.
O alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). 

Datas de exames:

Fin de carreira: 25/09/2023 ás 16 horas

1ª edición: 03/04/2024 ás 10 horas

2ª edición: 09/07/2024 ás 16 horas


En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. Os exames serán presenciais salvo que a UVigo ordene o contrario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000