Prácticas de laboratorio |
Plantéxanse as seguintes actuacións:
1. Determinación do fósforo e potasio asimilable.
2. Determinación de formas asimilables de nitróxeno: amonio e nitratos en diferentes solos.
Comparación de solos de cultivo con solos de bosque.
3. Determinación da capacidade adsorbente de P de diversos solos desenvolvidos sobre diferentes
materiais de partida. Construiranse curvas de adsorción e realizarase o axuste a diferentes
ecuacións. Levarase a cabo unha comparación dos resultados obtidos nos diferentes solos
relacionando a adsorción coas características dos solos usados.
4. Determinación da capacidade de intercambio catiónica (CIC). Comparación de diferentes
métodos.
5. Análises de diferentes fertilizantes en relación os contidos de N, P e K .
6. Comparación de diferentes métodos para a determinación das necesidades de cal.
7. Efectos a corto prazo da adición de diferentes fertilizantes ó solo sobre o pH e dispoñibilidade de
nutrientes |
Sesión maxistral |
Explicarase cada tema dos propostos no apartado de contidos durante un tempo de 45 minutos
aproximadamente. Algíuns dos temas propostas van a necesitar dúas sesións. Posteriormente
farase un debate co obxectivo de remarcar os aspectos máis relevantes. O debate farase previa
formación de grupos permanentes de entre 3-5 personas |