En caso de circunstancias excepcionais:
1. Modalidade mixta: Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través de Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia Faitic sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
1.1. Adaptación das metodoloxías:
1.1.1. Sesión maxistral: unha parte do alumnado seguirá as sesións presencialmente e outra de forma non presencial segundo as características técnicas que habilite a UVIGO.
1.1.2. Seminarios: unha parte do alumnado seguirá as sesións presencialmente e outra de forma non presencial segundo as características técnicas que habilite a UVIGO.
1.2. Avaliación: Os exames realizaranse de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no aparatado de Avaliación.
1.2.1. Fin de carreira: o exame suporá o 100% da nota.
1.2.2. Fin de bimestre: mantéñense as porcentaxes explicadas no apartado Avaliación.
1.2.3. Segunda oportunidade: o exame suporá o 100% da nota.
1.3. Titorías: Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación previa.
2. Modalidade non presencial: Toda a docencia se realizará a través de Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia MooVi sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
2.1. Adaptación das metodoloxías:
2.1.1. Sesión maxistral: todo o alumnado seguirá as sesións de forma non presencial.
2.1.2. Seminarios: todo o alumnado seguirá as sesións de forma non presencial.
2.2. Avaliación: Os exames realizaranse de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no aparatado de Avaliación.
2.2.1. Fin de carreira: o exame suporá o 100% da nota.
2.2.2. Fin de bimestre: mantéñense as porcentaxes explicadas no apartado Avaliación.
2.2.3. Segunda oportunidade: o exame suporá o 100% da nota.
2.3. Titorías: Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación previa. |